CITIC

Asemblea Ordinaria do CITIC 2020

31/01/2020

Este xoves tivo lugar na Facultade de Informática da UDC a Asemblea Ordinaria do CITIC 2020, onde se presentaron a todos os membros do centro os resultados e as accións levadas a cabo no anterior período (2016 – 2019) grazas a axuda de Centro Singular de Investigación da Xunta de Galicia nas áreas de gobernanza, investigación, transferencia e innovación, recursos humanos e formación e divulgación da ciencia.

Ademais, o director do CITIC, Manuel F. González Penedo, expuxo as accións planificadas para o próximo período (2019 – 2022) grazas á nova acreditación como Centro de Investigación de Galicia. As accións máis destacadas pasan pola posta en marcha de programas específicos para a contratación de investigadores predoutorais, posdoutorais e mellores expedientes de mestrado; a realización de estancias de investigación en centros nacionais e internacionais de referencia; a asistencia a congresos de excelencia; a publicación de artigos de investigación en Open Access; e a mellora do posicionamento internacional do centro.