CITIC

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG

19/02/2021 – CITIC

A Xunta publicou a convocatoria das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2021. Nesta convocatoria establécense tres modalidades:

  • Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
  • Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D mostran potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
  • Modalidade C: Proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigador individuais que, contando con traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto. Segundo as características poden presentarse a dúas modalidades: liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada e liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

O orzamento total destinado á convocatoria é de preto de 24 millóns de euros.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 16 de marzo.

Máis información