CITIC

Big Data Coruña 2018

04/10/2018

Chega a Coruña a cuarta edición do evento internacional Big Data. Terá lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña o 4 e 5 de outubro de 2018.

Big Data Coruña 2018 reunirá a expertos en tecnoloxía e analítica de datos de todo o mundo en dúas interesantes xornadas que afondarán nos novos retos aos que se enfronta esta disciplina. Os seus contenidos non só chamarán a atención da comunidade académica senón que tamén serán atractivos para empresas e organizacións, pois actualmente Big Data é un dos campos que máis interese esperta, tanto pola súa aplicación como pola súa posta en valor nunha ampla variedade de ámbitos.

Big Data Coruña 2018 está organizado por Amparo Alonso-Betanzos, presidenta da Asociación Española para la Inteligencia Artificial, Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC e investigadora do CITIC; e David Martínez, investigador da área Big Data da University College London (UCL) e director da área de investigación de Spartan Data.

No evento colaboran a Xunta de Galicia, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, a Red Española de Big Data y Análisis de datos escalables e a Rede Galega de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC.

Inscripcións ata o 2 de outubro de 2018 a través deste formulario.