CITIC

C3TF CITIC Cyber Competition – release v2.2023

O próximo 29 de marzo, de 15:30 a 20:30 h, terá lugar o  C3TF CITIC Cyber Competition – release v2.2023, unha competición Capture The Flag organizada polo CITIC da UDC en colaboración con Atlanttic da UVigo, patrocinada pola Cátedra R en Ciberseguridade e que conta co apoio da Facultade de Informática da UDC o MUNICS. A competición está destinada a estudantes co obxectivo de practicar e desenvolver as súas habilidades no ámbito da ciberseguridade.

O evento consistirá en poñer a proba os coñecementos dos participantes no ámbito da ciberseguridade a través dunha serie de retos en diferentes categorías como a esteganografía, forense, pentesting, entre outras, ata conseguir capturar a bandeira.

Modalidades de participación:

  • Presencial no CITIC da Universidade da Coruña.
  • Presencial en Atlanttic da Universidade de Vigo.
  • En liña.

Requisitos:

  • Ser estudante do curso 2021/22 ou 2022/23 de calquera nivel educativo.
  • Dispoñer dun computador persoal con conexión a Internet.
  • Formar un equipo de entre 1 e 5 persoas.
  • Ganas de demostrar habilidades en ciberseguridade.

Premios:

A organización do concurso repartirá premios entre os 3 equipos gañadores e agasallos para todos os participantes na modalidade presencial. En concreto ofreceranse tres premios de 1000 €, 700 € e 400 €.

Inscricións:

O prazo de inscrición xa está aberto e poderanse rexistrar inscricións ata o 29 de marzo. Podes realizar a túa inscrición nesta ligazón.

Descargar programa

Máis información: https://c3tf.io/