CITIC

Capacidades do CITIC para a crise sanitaria do COVID-19

06/04/2020

O CITIC puxo a disposición da sociedade as súas capacidades tecnolóxicas e intelectuais para a procura de solucións na crise sanitaria producida polo COVID-19. Desta forma, todos os equipos de traballo do CITIC uníronse para ofrecer a súa experiencia ás autoridades a través de diferentes chamadas públicas de propostas.

No caso da chamada lanzada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) para identificar todas as capacidades do Sistema Galego de Innovación para a loita contra o coronavirus, recolléronse propostas do Sistema Galego de I+D+i, tanto de empresas como de centros de coñecemento e de investigación.

O CITIC presentou un total de sete proxectos, dos cales pasaron seis á seguinte fase. Os proxectos son de temática tanto puramente tecnolóxica como proxectos nos que a tecnoloxía está aplicada ao ámbito biolóxico. Ademais destes seis proxectos liderados polo CITIC, noutras tres investigacións presentadas por outras entidades, existe participación de persoal investigador do centro.