CITIC

Carlos Gómez organiza un tutorial na CAEPIA 2018

23/10/2018

O investigador do CITIC Carlos Gómez Rodríguez coorganiza, xunto a Eugenio Martínez Cámara (Universidade de Granada), o Tutorial “Procesamiento del Lenguaje Natural y Análisis de Sentimientos”, que se impartirá hoxe en Granada no marco da XVIII Conferencia de la Asociación Española para la Inteligencia Artificial (CAEPIA 2018).

O tutorial describirá como representar a linguaxe natural para ser procesada por unha computadora, é dicir, como construír características que representen a linguaxe natural.

CAEPIA 2018 é un foro internacional bienal, aberto a investigadores de todo o mundo dispostos a debatir sobre os últimos avances científicos e tecnolóxicos en Intelixencia Artificial.