Carlos Gómez participou na mesa redonda "A intelixencia artificial como oportunidade para Galicia", no marco do II Foro Económico Español en Galicia
17/04/2023 – CITIC
O investigador do CITIC Carlos Gómez participou o pasado xoves na mesa redonda “A intelixencia artificial como oportunidade para Galicia”, no marco do II Foro Económico Español en Galicia que organizou El Español, Quincemil e Treintayseis os días 12 e 13 de abril en Palexco da Coruña.
A mesa redonda estivo moderada por Alba Meijide, consultora e project manager de intelixencia artificial, e xunto a Carlos Gómez participaron Óscar González Represas, director da División TIC e Software do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG); e Cristina Gil Rey, CEO e fundadora de Milbrait Asesores.
Na mesa redonda, os expertos debateron sobre a regulación ética e legal #ante o desenvolvemento imparable da intelixencia artificial. En concreto, Carlos Gómez considerou que un dos puntos sobre os que hai que incidir é a investigación básica que, en ocasións, “tense algo descoidada”. Tamén reflexionou sobre ChatGPT, valorando as grandes achegas desta tecnoloxía, pero da que “non podemos fiarnos” debido a que pode xerar “frases moi ben escritas e moi plausibles pero que poden ser verdadeiras ou non”.
Vídeo da mesa redonda: https://www.youtube.com/live/XWjgt9uzi9Q?feature=share