CITIC

Carlos Gómez, relator na xornada Para que serven os datos lingüísticos? organizada polo CCG e TecAnDaLi

30/11/2018

O investigador do CITIC Carlos Gómez participou o pasado 29 de novembro na xornada Para que serven os datos lingüísticos?. En concreto, participou nunha mesa de debate sobre datos lingüísticos xunto con Alejandro A. García Caballero, profesor asociado de psiquiatría na USC e responsable do hospital de día de psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

A xornada tivo lugar o pasado 29 de novembro e estivo organizada polo Consello da Cultura Galega e a Rede de Tecnoloxías e Análises dos Datos Lingüísticos (TecAnDaLi) e tivo dous obxectivos específicos: por unha banda, presentar á sociedade algúns logros de investigación sobre datos lingüísticos e, por outra, solicitar de investigadores doutras ramas, de xornalistas e de profesionais de diversa índole, reflexións que conduzan a novos retos investigadores sobre datos lingüísticos.