CITIC

Celébrase a última sesión das Xornadas Horizon Europe organizadas polo CITIC

02/02/2021 – CITIC

Este xoves 4 de febreiro celebrarase o terceiro taller das Xornadas Horizon Europe, organizadas polo CITIC e impartidas de forma online. As anteriores sesións tiveron lugar os días 21 e 28 de xaneiro.

O taller está dirixido a toda a comunidade do CITIC e está impartido pola formadora experta europea Marina Martínez, persoal destacado do CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial), na oficina situada en Bruxelas, e coordina o programa de capacitación/especialización xestores no Programa Marco dende 2009.

A axenda é a seguinte:

09:45 – 10:00 Apertura da aula online.

10:00 – 11:30 Oportunidades de participación en programas sinérxicos a HEU.

11:30 – 12:15 Ferramentas do plan de incentivación da participación no programa cadro, en particular, e en programas europeos en xeral.

12:15 – 13:00 Como o CITIC pode beneficiarse das accións do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia 2021-2023.