08/05/2019
Conferencia orientada aos alumnos do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade MUNICS e a empresas especializadas no sector.
Impartida pola Dra. Marina Martínez, persoal destacado do CDTI (Centro de Desarrollo Tecnológico e Industrial) en Bruxelas (Oficina SOST), onde centra as súas actividades na información e seguimento ao programa H2020 e iniciativas de I+D+i afíns. En concreto, na SOST traballa no ámbito da ciberseguridade e participa nos diferentes grupos de traballo do Partenariado Europeo Público Privado cPPP Cybersecurity, liderado pola asociación ECSO (EU Cybersecurity Association) con sede en Bruxelas. Actualmente, é Punto Nacional de Contacto para a temática Sociedades Seguras de H2020.