COMITÉ ASESOR EXTERNO
O Comité Asesor Externo (Scientific Advisory Board, SAB) é un órgano consultivo externo formado por científicos de especial relevancia a nivel internacional nas principais áreas de coñecemento do CITIC. Designado polo Comité de Dirección co asesoramento do Comité Científico, o seu principal obxectivo é o de proporcionar asesoramento na avaliación dos programas de investigación do centro, as súas políticas científicas e o seu progreso no medio plazo.
![](https://citic.udc.es/wp-content/uploads/2020/08/FranciscoTirado.jpg)
Francisco Tirado Fernández
Presidente
Catedrático de Arquitectura e Tecnoloxías de Computadores no departamento de Arquitectura de Computadores e Automática da Universidade Complutense de Madrid. Entre os cargos que desempeñou destacan: coordinador da ANEP e xestor do Plan Nacional de I+D, vicerreitor de Investigación e director do Centro de Supercomputación da Universidade Complutense de Madrid e director do Parque Científico de Madrid.
![](https://citic.udc.es/wp-content/uploads/2020/08/PetiaRadeva.jpg)
Petia Radeva
Secretaria
Experta no campo do procesado de imaxe e intelixencia artificial. Catedrática do departamento de Matemáticas e Informática da Universidade de Barcelona, directora do grupo de investigación “Visión por Computador e Aprendizaxe Automática”, coordinadora do Laboratorio de Computación Percepcional (BCNPCL) da Universidade de Barcelona e directora do Laboratorio de Imaxe Médica (MILab) do Centro de Visión Computacional.
![](https://citic.udc.es/wp-content/uploads/2023/02/lourdes-agapito.jpg)
Lourdes de Agapito Vicente
Vocal
Lourdes de Agapito Vicente é catedrática de Visión 3D no departamento de informática da University College London (UCL), onde dirixe un grupo de investigación centrado na comprensión de escenas dinámicas 3D a partir de vídeo. Lourdes de Agapito é membro electo do Comité Executivo da British Machine Vision Association. Ademais, é cofundadora da empresa de software Synthesia.
![](https://citic.udc.es/wp-content/uploads/2020/08/AntonioBahamonde.jpg)
Antonio Bahamonde Rionda
Vogal
Catedrático da Universidade de Oviedo da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. A súa actividade investigadora centrouse na aprendizaxe automática. Ocupou diversos cargos de xestión en asociacións científicas e foi presidente da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA) e vicepresidente da Sociedade Científica Informática de España (SCIE). Actualmente é coordinador da ANEP da área de Ciencias da Computación e Tecnoloxía Informática.
![](https://citic.udc.es/wp-content/uploads/2021/05/Javier-Díaz-Bruguera-1.jpg)
Javier Díaz Brugera
Vogal
Catedrático de Computación da Universidade de Santiago de Compostela e responsable de enxeñería de diseño de ARM no Reino Unido desde 2015. As súas investigacións céntranse en aritmética computacional (aritmética de punto flotante, algoritmos e arquitecturas, funcións elementais, criptografía, aritmética precisa, aritmética decimal) e arquitectura computacional (memoria transaccional, unidades funcionais, arquitecturas manycore).
![](https://citic.udc.es/wp-content/uploads/2023/02/Maria-Jesus-Garzaran.jpg)
María Jesús Garzarán
Vogal
Experta na área de programación de arquitecturas paralelas e librerías de comunicacións a gran escala. Actualmente lidera a implementación da librería de comunicacións baseada en MPI para o supercomputador exascala para Argonne National Laboratory, USA. Tambien é a arquitecta de oneCCL, a librería de comunicacións colectivas utilizada para aplicacións de intelixencia artificial. Antes de traballar en Intel, María foi profesora investigadora na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign.
![](https://citic.udc.es/wp-content/uploads/2021/05/Rui-Carlos-Oliveira-1.jpg)
Rui Carlos Oliveira
Vogal
Profesor asociado con habilitación no departamento de Informática da Universidade de Minho. É membro da Xunta Directiva de INESC TEC, director do Centro de Computación Avanzada de Minho e codirector do programa UT Austin Portugal. As súas principais contribucións en investigación son no campo dos algoritmos de comunicación epidémica e acordo distribuído tolerante a fallas e na concepción, desenvolvemento e avaliación de sistemas de bases de datos confiables.
![](https://citic.udc.es/wp-content/uploads/2020/10/Javier_Rodríguez_Fonollosa_web-2.png)
Javier Rodríguez Fonollosa
Vogal
Enxeñeiro de telecomunicacións e profesor da Universidade Politécnica de Cataluña. Foi o coordinador do Consolider-Ingenio 2010 COMONSENS, no que participaron máis de 135 investigadores pertencentes a 10 universidades. Desde 2010 ata 2014 coordinou a área de Tecnoloxías Electrónicas e da Comunicación do Plan Nacional de Investigación do MINECO.
![](https://citic.udc.es/wp-content/uploads/2023/02/Andrea-Rodriguez.png)
Andrea Rodríguez Tastets
Vogal
Vicerreitora de Investigación e Desenvolvemento, e profesora titular do Departamento de Enxeñería Informática e Ciencias da Computación da Universidade de Concepción, Chile. As súas áreas de investigación inclúen bases de datos espazo-temporal e recuperación de información. Actualmente é parte do consello asesor presidencial de Ciencia, Tecnoloxía, Coñecemento e Innovación para o Desenvolvemento e do consello de modernización de estado. Foi parte do comité de expertos para a elaboración da Estratexia Nacional en Intelixencia Artificial . Exerceu de 2020 a 2022 como presidenta da Comisión Asesora de Investigación do Consello de Universidades Chilenas CRUCH.
![](https://citic.udc.es/wp-content/uploads/2021/05/MiguelToro-1-550x400.jpg)
Miguel Toro Bonilla
Vogal
Catedrático do departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Sevilla. Foi director da Oficina de Transferencia de Resultados de la Investigacións (OTRI) da Universidade de Sevilla e desempeñou o cargo de director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Empresa da Junta de Andalucía. Foi presidente da Sociedade Científica Española de Informática (SCIE). É colaborador de diversas axencias autonómicas e estatais na avaliación de proxectos de I+D+i, institutos de investigación e da actividade investigadora en xeral.