CITIC

Comunicado de peche das instalacións do CITIC por mor do COVID-19

16/03/2020

Debido á declaración do estado de alarma, a Universidade da Coruña a través da “RESOLUCIÓN REITORAL DO 15 DE MARZO DE 2020 DE ADAPTACIÓN E ESCLARECEMENTO DO PECHE DE EDIFICIOS E CENTROS DA UDC ÁS NOVAS MEDIDAS ADOPTADAS POLOS GOBERNOS ESPAÑOL E GALEGO” resolveu o peche das instalacións da Universidade, polo que o CITIC permanecerá pechado ata novo aviso.

Así, todo o persoal do CITIC deberá permanecer nos seus domicilios en réxime de traballo non presencial ou, en todo caso, localizable. Con carácter excepcional, o persoal deberá acudir presencialmente ao seu posto de traballo cando fose requerido polas persoas responsables do seu servizo ou unidade para atender necesidades inaprazables.

Con respecto ao procedemento de acceso ao CPD do CITIC, continuarase co trámite establecido habitualmente: o persoal autorizado antes de entrar ao CPD debe comunicarllo ao persoal de seguridade do CITIC e acceder ao mesmo o tempo imprescindible para solucionar a súa incidencia.

Dende o comezo da alerta sanitaria, o obxectivo do CITIC é velar pola seguridade e a protección do seu equipo, de acordo coa información, recomendacións e protocolos activados polo Goberno e a Xunta de Galicia.

Dende o CITIC gustaríanos facer un chamamento para o cumprimento das directrices marcadas polas autoridades sanitarias para conseguir, entre todos, volver á normalidade o antes posible.

Tamén nos gustaría destacar a nosa disposición para a colaboración con institucións para a implementación de medidas que permitan solucionar esta situación, ás que ofrecemos o noso coñecemento e capacidades.

Moitas grazas polo voso apoio e comprensión.