26/06/2018
O próximo 29 de xuño terá lugar no CITIC a conferencia Análise da actividade investigadora do CITIC 2009-2016, impartida polo Dr. Elías Sanz da Universidade Carlos III de Madrid. Será no edificio do CITIC ás 12.30 h.
Despois da conferencia, ofrecerase aos asistentes un viño galego.
É necesario inscribirse previamente a través deste formulario.

