CITIC

Convocadas as axudas 2020 Juan de la Cierva e Ramón y Cajal

16/12/2020 – CITIC

O Ministerio de Universidades convocou as axudas Juan da Cierva e Ramón y Cajal, dentro do “Programa Estatal de Promoción del Talento y su Empleabilidad en I+D+i”.

As modalidades das axudas Juan da Cierva son:

  • Incorporación, que teñen como obxectivo fomentar a contratación laboral, por parte de organismos de investigación ou centros de I+D españois, de persoas en posesión do grao de doutor, por un período de tres anos con obxecto de que afiancen as capacidades adquiridas durante unha primeira etapa de formación posdoutoral.
  • Formación, que teñen como obxectivo fomentar a contratación laboral, por parte de organismos de investigación ou centros de I+D españois, de mozos e mozas en posesión do grado de doutor por un período de dous anos con obxecto de que completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros de I+D españois distintos a aqueles nos que realizaron a súa formación predoutoral.

Concederanse un máximo de 278 axudas en cada unha das modalidades.

O prazo de presentación está aberto ata o 19 de xaneiro na categoría de incorporación e ata o 21 xaneiro na modalidade de formación.

Pola súa banda, tamén está aberto o prazo para a solicitude de contratos Ramón y Cajal. Estas axudas están dirixidas a promover a incorporación de investigadores nacionais e estranxeiros cunha traxectoria destacada en centros de I+D mediante, por unha banda, a concesión de axudas para a súa contratación laboral e, por outra banda, a concesión de axudas para a creación de postos de traballo de carácter permanente para o seu posterior incorporación nos axentes do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación beneficiarios destas axudas.

Esta convocatoria está aberta ata o próximo 21 de xaneiro.