CITIC

Convocadas as Bolsas Iberoamérica Santander Investigación para o curso 2020/21

17/02/2020

Xa está aberta a convocatoria das Bolsas Iberoamérica Santander Investigación para o curso 2020/21, de acordo do convenio asinado entre o Banco Santander e a Universidade da Coruña. O obxectivo do programa é reforzar a mobilidade e o intercambio de profesores e investigadores mozos e alumnado de doutoramento entre universidades e centros de investigación iberoamericanos.

Convócanse dúas bolsas: unha a un membro do PDI e outra a un/unha estudante de doutoramento. Os destinos serán centros de investigación ou universidades iberoamericanas distintas ás do país de orixe e de Portugal.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 16 de marzo.

Máis información