CITIC

Convocados os Premios Nacionales de Investigación 2020

17/09/2020 – CITIC

O Ministerio de Ciencia e Innovación convocou os Premios Nacionais de Investigación 2020 que, por primeira vez, incorporan a súas dez modalidades nunha única convocatoria. Estes premios están orientados a dar recoñecemento e visibilidade aos investigadores e investigadoras de nacionalidade española que desenvolvan o seu traballo en cualquera país do mundo e que estean realizando unha labor destacada nos seus respectivos campos científicos que contribúan de forma relevante ao avance do coñecemento e o progreso da Humanidade.
Así, o obxectivo é recoñecer o mérito daqueles que contribuen de forma excepcional ao avance da ciencia, ao mellor coñecemento do ser humano e a súa convivencia, á transferencia de tecnoloxía e ao progreso da Humanidade.
As modalidades dos Premios Nacionais de Investigación 2020 son:
1. Premio Nacional Blas Cabrera, na área de Ciencias Físicas, dos Materiais e da Terra.
2. Premio Nacional Enrique Moles, na área de Ciencia e Tecnoloxía Química.
3. Premio Nacional Alejandro Malaspina, na área de Ciencias e Tecnoloxías dos Recursos Naturais.
4. Premio Nacional Julio Rey Pastor, na área de Matemáticas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
5. Premio Nacional Juan de la Cierva, na área de Transferencia de Tecnoloxía.
6. Premio Nacional Gregorio Marañón, na área de Medicina.
7. Premio Nacional Santiago Ramón y Cajal, na área de Bioloxía.
8. Premio Nacional Leonardo Torres Quevedo, na área de Enxeñerías.
9. Premio Nacional Pascual Madoz, na área de Dereito yeCiencias Económicas e Sociais.
10. Premio Nacional Ramón Menéndez Pidal, na área de Humanidades.
O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o vindeiro 15 de outubro.

Máis información