CITIC

Convocatoria de axudas a investigadores visitantes no marco da Cátedra UDC-everis

29/04/2019

A Cátedra UDC-everis en Transformación Digital, dirixida poa investigadora do CITIC Adriana Dapena, lanza unha convocatoria de axudas a investigadores visitantes: o Programa para o Fomento da Investigación e da Transferencia en Transformación Dixital.

Desta forma, a convocatoria ten como obxectivo contribuír á colaboración entre investigadores da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e investigadores de recoñecido prestixio dotras universidades.

As persoas interesadas poden enviar as súas solicitudes a catedra.everis@udc.es antes do próximo 15 de maio, cubrindo esta solicitude.

Máis información