CITIC

Buscamos unha persoa para brindar apoio no desenvolvemento dun Sistema de Información Xeográfica (SIG) orientado a aplicacións medioambientais. As principais responsabilidades inclúen:

  • Asistir na recompilación e análise de requisitos funcionais e de datos para o SIG, enfocado en áreas como bioloxía costeira, especies invasoras, xestión sostible de recursos biolóxicos, adaptación ao cambio climático e conservación de especies.
  • Colaborar no deseño e implementación dunha arquitectura web robusta e escalable para a plataforma SIG.
  • Apoiar no desenvolvemento dunha plataforma para a xeración semiautomatizada de SIG adaptados aos distintos dominios de aplicación.

Publicación da convocatoria na sede electrónica da UDC

Acceso ao taboleiro de anuncios

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

Data de publicación: 14/01/2025