Convocatoria do Fondo Supera COVID-19
24/04/2020
Crue Universidades Españolas, Banco Santander e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) lanzan a convocatoria do Fondo Supera COVID-19, dirixido a financiar programas, proxectos colaborativos e medidas de apoio ao ámbito universitario para minimizar o impacto da crise provocada polo coronavirus nos ámbitos sanitario, educativo e social.
A convocatoria define tres liñas de financiamento prioritaria:
- Investigación aplicada á COVID-19
- Proxectos de impacto e rendibilidade social
- Fortalecemento da capacidade TIC do Sistema Universitario Español (SUE)
As propostas deben estar lideradas ou coordinadas por unha universidade do Fondo ou centro do CSIC e contar, como mínimo, coa participación dunha universidade. A convocatoria está dirixida ao conxunto de centros do CSIC e universidades adheridas ao Fondo, así como a institucións públicas e privadas que participen en colaboración con estas e aporten valor engadido ao desenvolvemento do proxecto.