CITIC

Cristian R. Munteanu participa nun evento sobre Intelixencia Artificial na Medicina

08/04/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Cristian R. Munteanu participou no evento “A Importancia dos Datos e a Intelixencia Artificial como factor na transformación da Medicina”, organizado pola Fundación Bamberg o pasado 29 de marzo. O encontro tivo o obxectivo de coñecer en detalle a forma na que os datos e a IA transforman a Medicina de hoxe.

En concreto, Cristian R. Munteanu, formou parte da mesa redonda “En que situación estamos? Cal é o estado da arte? Como vemos o futuro a cinco anos?”.

O investigador explicou que en Estados Unidos o do 37 % dos profesionais sanitarios declararon sufrir ataques informáticos, xunto a un 32 % que denunciaron fenómenos de secuestro de datos (ransomware), separadamente de moitas situacións de información discordante. O investigador tamén aludiu a redes intelixentes con patróns homomórficos, en previsión de facer prognósticos útiles para os servizos de saúde, sen que os pacientes perdan a titularidade dos seus datos.