CITIC

David Vilares imparte una conferencia na Universidade de Copenhague

02/10/2018

David Vilares, investigador do CITIC e investigador posdoutoral do Laboratorio FASTPARSE presentou o pasado 25 de setembro a conferencia “Constituent Parsing as Sequence Labeling“, da man do Departamento de Ciencias da Computación da Universidade de Copenhague. Dita charla, enmarcada dentro dos encontros do Natural Language Processing Copenhagen Meetup, abordou un novo método desenvolvido no marco do proxecto FASTPARSE (ERC Starting Grant) para transformar unha tarefa de análise sintáctico baseado en constituíntes ( constituent parsing) nun problema de sequence labeling. O obxectivo do devandito proxecto é a construción de analizadores sintácticos de alta velocidade para o procesamento masivo de información textual.