26/05/2022 – CITIC
O pasado xoves 19 de maio o investigador do CITIC David Vilares participou nunha reunión coa portavoz do Goberno e ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, e co delegado do Goberno en Galicia, Jose Miñones.
Vilares presentou as súas liñas de traballo como investigador e os seus intereses no ámbito do procesamento da linguaxe natural. Aproveitou o encontro para poñer en valor a situación da Intelixencia Artificial na UDC, e en concreto no CITIC, xa que conta con investigadores de referencia nacional en biomedicina, procesamento de imaxe, robótica ou big data, entre outras liñas.
Por último, reivindicou máis recursos para a investigación, algo imprescindible para obter resultados de calidade e resolver os problemas de inestabilidade que sofren os novos talentos investigadores.