CITIC

Día da Ciencia na Rúa de A Coruña 2023

O CITIC participará, cunha caseta compartida xunto á Consellería de Educación, no Día da Ciencia na Rúa que terá lugar o próximo 6 de maio no Parque de Santa Margarita da Coruña. Neste evento, promovido polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos, o CITIC amosará diferentes proxectos de investigación levados a cabo no centro, así como os desenvolvementos en torno ao proxecto Talentos Inclusivos. 

O Día da Ciencia na Rúa reúne cada ano a ducias de centros educativos e milleiros de persoas no Parque de Santa Margarita. Este 2023 celebra a súa 27ª edición e contará cun total de 56 postos abertos ao público.

A carpa do CITIC será a nº 8, e nela terán lugar as seguintes sesións de mostra: 

  • 15:30 h a 19:00 h – Produtos de apoio desenvoltos no proxecto Talentos Inclusivos xunto a ASPACE Coruña. 
  • 15:30 h a 19:00 h – Realidade virtual para a sociedade.  
  • 15:30 h a 19:00 h – Contornas de realidade aumentada.
  • 15:30 h a 18:00 h – Demostración do uso das claves de seguridade como método de autenticación e os seus beneficios fronte aos contrasinais.
  • 16:00 h a 19:00 h – Impresión 3D de produtos de apoio para persoas con diversidade funcional. 
  • 16:00 h a 19:00 h – Ciencia de datos para analizar cardiotoxicidade en cancro de mama.