CITIC

A área de Ciencias da Computación é a segunda que máis publicacións científicas produciu na UDC en 2018 segundo a base de datos WoS

20/03/2019

A área de investigación de Ciencias da Computación da UDC, na que se engloba a maior parte da produción científica do CITIC, é a segunda mellor posicionada en canto a número de publicacións en Web of Science (WoS) en 2018. Durante o ano pasado, esta área produxo 121 documentos, o que supuxo o 9 % da cantidade total, superada unicamente por Enxeñaría, co 12 % das publicacións.

Web of Science é unha plataforma de información científica que recolle as referencias das principais publicacións de calquera disciplina do coñecemento, tanto científico como tecnolóxico, humanístico e sociolóxico. Trátase dunha ferramenta esencial para o apoio á investigación e para o recoñecemento dos esforzos e avances realizados pola comunidade científica e tecnolóxica.

Máis información