Investigadores do CITIC presentan dous traballos no SILCAA2
17/07/2019
Recentemente os investigadores do CITIC Marcos García Saído, Eleonora Guzzi e Margarita Alonso Ramos, pertencentes ao Grupo de Lengua Y Sociedad de la Información (LYS) da UDC, presentaron no II Simposio Internacional sobre “Linguaxe Científica no Ámbito Académico” (SILCAA2) os seus últimos avances no desenvolvemento de ferramentas software de axuda á redacción en español. Nos últimos anos una das principais liñas de traballo do Grupo LYS, especializado en Procesamento da Linguaxe Natural e Lingüística Computacional, foi o desenvolvemento de sistemas lexicográficos deste tipo. Fronte a traballos do grupo anteriores, máis enfocados ao contexto da aprendizaxe de idiomas, os dous traballos presentados:
- Eleonora Guzzi e Margarita Alonso Ramos (2019). “As combinacións léxicas do español académico: intersección entre a lingua xeral e as linguas de especialidade”
- Marcos García Saído e Margarita Alonso Ramos (2019). “Unha taxonomía de funcións discursivas para combinacións léxicas rutineiras en español académico”
céntranse na axuda á redacción de textos de tipo académico (ex. artigos científicos). O proxecto no que se desenvolve este traballo, financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, constitúe un claro exemplo de interdisciplinariedad onde, neste caso, Computación e Lingüística, dous campos aparentemente tan distintos, danse a man.