CITIC

O CITIC acollerá unha reunión do VMUG sobre seguridade en VMWARE

01/10/2018

O próximo 11 de octubro terá lugar no CITIC a Reunión do Grupo de Usuarios de Vmware Galicia. Colaboran na organización Paloalto Networks, a Universidade da Coruña e o CITIC. A asistencia é gratuita e require inscripción previa a través do seguinte formulario: https://bit.ly/2zBpcWP

No evento mostraranse as principais novidades da plataforma vSphere 6.7 e a integración de arquitecturas VMware co modelo Zero Trust de Palo Alto Networks. Tamén haberá unha mesa de debate sobre o estado das plataformas vSphere. 

Como peche da xornada haberá sorteos e un cocktail de networking.

Podes consultar o programa completo do evento nesta ligazón: https://bit.ly/2y30Ra5