CITIC

O CITIC asiste á IV Jornada ASD sobre transformación dixital en saúde

14/02/2019

O director do CITIC, Manuel F. González Penedo, e o investigador da área de Percepción, Cognición e Interacción, Marcos Ortega, asistiron onte en Madrid á IV Jornada ASD – Transformación Digital en Salud: compromisos vs. realidades, organizada pola Asociación Salud Digital.

Un dos obxectivos da Asociación é analizar a situación da implantación das TIC en saúde en España, así como plantear e consensuar unha visión de futuro para elas. Con este propósito plantéase a IV Jornada ASD, para trazar unha panorámica actualizada desta transformación dixital nos sistemas sanitarios, planteando as propostas necesarias para avanzar neste terreo.

Así, esta xornada quere ser un punto de encontro entre os profesionais que están traballando no impulso da innovación no sector da saúde, para compartir ideas e proxectos.

Cabe destacar que o CITIC é socio corporativo da Asociación Salud Digital, xunto con outras entidades de renome internacional como DKV, InterSystems e Indra.