O CITIC asiste ao Digital Excellence Forum ICT Proposers´Day 2019 en Helsinki
20/09/2019
Unha delegación do CITIC composta polo seu director, Manuel F. González Penedo, a responsable de Estratexia de I+D+i, María Montero, e os investigadores Richard Duro, Bertha Guijarro e Carlos Dafonte, asisten ao Digital Excellence Forum ICT Proposers’ Day 2019, que se celebra en Helsinki o 19 e 20 de setembro.
No evento presentaranse e debateranse os principais aspectos das políticas sobre transformación dixital da industria e a sociedade europea, e como a axenda de investigación e innovación da UE pode contribuír a mellorar estes obxectivos. Tamén se presentará o Programa de Traballo Horizonte 2020 no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), as Tecnoloxías Futuras e Emerxentes (FET) e os Desafíos Sociais.
O evento é unha oportunidade excepcional para establecer contactos e alianzas con académicos, investigadores, industria e actores gobernamentais de toda Europa no ámbito TIC.