CITIC
Día Rapazas nas TIC CITIC

O CITIC celebra o Día Internacional das Nenas nas TIC con obradoiros de robótica

27/04/2023 – CITIC

  • Integra a súa programación nos actos que pon en marcha o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
  • Gafas Hololens de Realidade Aumentada, programación básica con linguaxe scratch e unha aproximación a Robobo, o robot educativo creado integramente por investigadores do Centro, son os pratos fortes do CITIC para esta cita de divulgación científica

CITIC da UDC súmase á celebración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) polo Día Internacional das Nenas nas TIC 2023 cun conxunto de obradoiros de robótica na rúa, de 20 minutos de duración e impartidos polo subdirector do Centro, Javier Pereira, e polo responsable de Sistemas, Alejandro Mosteiro.

Dirixidos a nenas e nenos de entre 10 a 14 anos, as temáticas estarán centradas no funcionamento e utilidades das gafas de realidade aumentada (RA) Hololens, que permiten visualizar hologramas ó mesmo tempo que visualizar o mundo real; nas nocións básicas de programación con linguaxe scratch e placas micro:bit; e, por último, amosarase o funcionamento de Robobo, o robot educativo desenvolvido integramente por persoal investigador do CITIC.

Toda a infomación do evento nesta ligazón.