O CITIC celebrará o III Congreso XoveTIC os días 8 e 9 de outubro en formato online
09/09/2020 – CITIC
Un ano máis, o CITIC da UDC organiza o Congreso XoveTIC, un evento científico que se consolidou ano tras ano como unha cita obrigada para o persoal investigador junior (predoutoral e posdoutoral) do ámbito TIC.
Esta terceira edición, que terá lugar os días 8 e 9 de outubro de 2020, celebrarase nun formato online debido á crise sanitaria do SARS-CoV-2.
O prazo de recepción de abstracts a través da plataforma EasyChair comeza hoxe e termina o próximo 17 de xuño.
O obxectivo do congreso é crear un espazo de encontro para o debate científico e contribuír deste modo á formación dos asistentes. O XoveTIC, cuxa inscrición é gratuíta, suporá unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido. Na súa pasada edición, o XoveTIC contou con preto de 100 asistentes e nel presentáronse máis de 50 comunicacións, tanto en formato oral como en póster.
Cabe destacar que o XoveTIC é un congreso xenuíno que se diferencia da maioría dos congresos que se celebran en España no ámbito das TIC, nos cales reúnense investigadores senior con anos de experiencia. Así, o XoveTIC pode ser o punto de partida de novas investigacións e proxectos que impliquen cambios disruptivos na sociedade e na tecnoloxía tal e como actualmente as coñecemos.