O CITIC colabora no Machine Learning Workshop Galicia 2018
15/10/2018
Nos últimos anos, o interese da industria e da comunidade investigadora polas tecnoloxías asociadas ao Aprendizaxe Máquina ou Machine Learning incrementouse notablemente. Coa irrupción das tecnoloxías Big Data, a mellora dos algoritmos de aprendizaxe e a aparición do Deep Learning, esta rama da Intelixencia Artificial converteuse nun referente en case calquera campo de coñecemento.
A pesar de todos os seus beneficios para a sociedade e a industria, o seu potencial máximo está aínda por explotar, polo que temos por diante un futuro cheo de novos retos e oportunidades.
O comité do WGML2018 convida os autores a compartir a súa experiencia en Machine Learning durante o evento, tanto se proceden do ámbito académico como empresarial. Tamén se convida ás empresas para compartir as súas necesidades e participar no evento co obxectivo de establecer sinerxias.
Nesta edición priorizaranse os traballos que mostren a aplicabilidade dos algoritmos Machine Learning a casos de uso reais co fin de mostrar á industria o potencial destas tecnoloxías. Tamén se valorarán traballos que, aínda sen contar con algún caso de uso de transferencia real por atoparse nunha fase inicial de desenvolvemento, conten cun potencial importante de aplicabilidade no tecido socioeconómico ou industrial.
Comité científico:
- Ricardo Cao (CITIC – UDC, ITMATI)
- Milagros Fernándex Gavilanes ( AtlanTTIC – UVIGO)
- David Mera Pérez (CiTIUS – USC)
- Andrés Gómez Tato (CESGA)
- Fernández Vázquez Núñez (ITMATIA)
Datas:
- 10/06/2018: Apertura da recepción dos traballos
- 16/09/2018: Peche da recepción dos traballos
- 18/09/2018: Apertura do rexistro de asistencia
- 12/10/2018: Peche do rexistro de asistencia
- 01/10/2018: Notificación de traballos seleccionados
- 08/10/2018: Publicación da axenda
- 18/10/2018: Celebración do workshop
Máis información: https://wgml.es