CITIC

O CITIC colabora na organización de #HACKatHOME

16/06/2020

O CITIC colabora na organización de #HACKatHOME, o primeiro hackathon 100 % virtual de Galicia, que se celebrará do 27 ao 30 de xuño. O obxectivo deste encontro é crear solucións innovadoras en Galicia para adaptar o tecido empresarial a unha nova realidade trala crise sanitaria.

Así, #HACKatHOME involucra a empresas tecnolóxicas, universidades e persoas de diferentes ámbitos para construír solucións tanto físicas como dixitais para cinco dos grandes retos da industria, o comercio e o emprego, durante catro días de traballo en remoto con actividades paralelas online e o pitching final de proxectos.

Os proxectos serán valorados por un comité de expertos, do que forman parte representantes do CITIC. Os tres mellores proxectos terán un apoio económico de 1000 € e un seguimento específico durante seis meses por parte das institucións participantes no hackathon.

Os cinco retos que se definiron son os seguintes:

  • Reto 1. Solucións “low touch”: ideas para mellorar os espazos de traballo, así como a xestión de produtos, materiais e ferramentas evitar a dispersión do virus.
  • Reto 2. Repensando a venda ao público: ideas para incrementar a seguridade dos espazos comerciais e evitar o impacto negativo no volume de negocio.
  • Reto 3. Traballo en remoto: ideas para optimizar o traballo en remoto ou minimizar o contacto interpersoal nos sectores que requiran traballo presencial.
  • Reto 4. Unha industria máis local: ideas para reducir as necesidades de desprazamento da industria tanto para a compra como para a oferta.
  • Reto 5. Un novo concepto de “equipo”: ideas para coordinar equipos de traballo nun novo contexto de separación física.

Inscripción abierta hasta el próximo 21 de junio