CITIC

O CITIC doa pantallas pediátricas de protección individual a ASPACE Coruña

09/06/2020

O CITIC doou un lote de pantallas pediátricas de protección individual destinadas aos usuarios de ASPACE Coruña. A entrega realizouse esta mañá ao fisioterapeuta de ASPACE Coruña, Rubén Carneiro, por parte do director do CITIC, Manuel F. González Penedo, o subdirector, Javier Pereira, e o responsable da unidade de sistemas, Alejandro Mosteiro.

As pantallas foron fabricadas coa impresora 3D do CITIC e serán utilizadas polos usuarios do centro educativo de ASPACE Coruña, nenos e mozos de idades comprendidas entre os 3 e os 21 anos, e do centro de atención temperá, que atende a nenos de ata 6 anos.

O CITIC e ASPACE Coruña manteñen unha colaboración desde 2019 a través dun grupo de traballo que ten o obxectivo de definir contidos informáticos para mellorar a avaliación e programas de rehabilitación de persoas con parálise cerebral.

Máis información