CITIC

O CITIC organiza un curso de programación visual de aplicación para persoas con discapacidade

15/01/2020

O CITIC organiza un curso de programación visual baseada en bloques e placas Makeymakey, Microbit, Playground e Arduino para o desenvolvemento de contidos de intervención, rehabilitación e domótica en persoas con discapacidade. Este curso, baixo o nome “Novos recursos TIC para produtos de apoio” enmárcase no convenio de colaboración entre o CITIC e COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), e está especialmente destinado ao persoal da Confederación, pero igualmente está aberto a toda persoa interesada no desenvolvemento de novidosos contidos que poden ser aplicados para traballar con persoas con discapacidade.

O curso terá lugar este venres 17 de xaneiro de 10:00 a 17:30 horas e é de acceso aberto e gratuíto previa inscrición a través de formulario.

Máis información e inscrición