CITIC

O CITIC organiza unha xornada sobre a convocatoria Green Deal H2020

02/07/2020

O CITIC organiza a xornada “Últimas oportunidades no Programa Marco para as tecnoloxías ICT: Call Green Deal – H2020”, que ten o obxectivo de coñecer con antelación os contidos da convocatoria Green Deal H2020, cuxa apertura está prevista para o mes de setembro deste ano.

A xornada terá lugar o próximo luns 13 de xullo de forma online e contará coa participación de Marina Martínez, persoal destacado do CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial) na oficina desta entidade en Bruxelas (oficina SOST, Spanish Office for Science and Technology) e coordinadora do programa de xestores especializados en Programa Marco da UE.

En todos os temas propostos no borrador do programa de traballo, as tecnoloxías TIC e a dixitalización son claves para o éxito dos proxectos gañadores. Por iso, esta convocatoria supón unha oportunidade para os investigadores do CITIC e as súas entidades colaboradoras, ante a finalización do programa marco actual.

Programa da xornada:

  • 11:00 h – 11:15 h Apertura da xornada a cargo do director do CITIC, Manuel F. González Penedo
  • 11:15 h – 12:45 h Avance da convocatoria Green Deal H2020
  • 12:45 h – 13:00 h Conclusións e peche da xornada

Inscricións

Descargar programa