O CITIC participa na Mobile Week Coruña
24/10/2018
O CITIC participa na Mobile Week Coruña, unha iniciativa impulsada por Mobile World Capital Barcelona, con diferentes actividades e talleres. Trátase dun espazo aberto á reflexión sobre o impacto da transformación dixital na vida das persoas, a través de arte, ciencia e tecnoloxía.
A MWeekCoruña terá lugar do 21 al 28 de novembro en A Coruña e a súa área metropolitana e reunirá a artistas, científicos, filósofos, enxeñeiros e profesionais da industria nunha iniciativa aberta para todos os cidadáns, cunha programación transversal con actividades gratuítas que abordarán os retos, os límites e as oportunidades da transformación dixital.
As actividades nas que participa o CITIC son as seguintes:
- 22 de novembro. mWeek Kids: Taller de robótica dirixidos a nenos de 3º de primaria do CEIP Eusebio da Guarda de A Coruña.
- 23 de novembro. mWeek Kids: Taller de robótica dirixidos a nenos de 3º de primaria do colexio PP. Escolapios de A Coruña.
Nos talleres de robótica, os nenos e nenas terán a oportunidade de coñecer algúns dos avances levados a cabos neste ámbito e probarlos en primeira persoa a través de diferentes xogos, co obxectivo de achegar as TIC aos máis pequenos e despertar o interese por elas.
- 24 de novembro. mWeek Kids: Conxuntamente con R realizaranse os talleres Crea R.
- Para nenos de 9 e 10 anos, ás 10.30 h nas instalacións do CITIC.
- Para nenos de 7 e 8 anos, ás 12.30 h nas instalacións do CITIC.
- Para nenos de 9 e 10 anos e unha charla para pais de forma paralela, ás 17.00 h nas instalacións do CITIC.
- 26 de novembro. mWeek Labs: Como construír modelos de Intelixencia Artificial para Móbiles e IoT. Xunto con Accenture Digital, realizarase un taller nas instalacións do CITIC no que os participantes poderán adquirir unha visión global sobre o estado da arte da intelixencia artificial, construír un clasificador de imaxes, etc.