CITIC

O CITIC realiza unha Learning Expedition en Países Baixos

04/10/2019

Un grupo de investigadores do CITIC participou nunha Learning Expedition (LEX) en Países Baixos, na que visitaron o Dementia Village – The Hogeweyk. Trátase dun complexo especializado no coidado a persoas de idade avanzada con demencia. É un modelo pioneiro e único no mundo, xa que non se trata dun centro, senón dunha vila formada por máis dunha vintena de casas e diferentes locais como tendas, supermercado, restaurantes, teatro, etc., na que o equipo médico está ao coidado dos máis de 150 residentes durante as 24 horas do día.

Os investigadores do CITIC tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións do complexo The Hogeweyk grazas a esta LEX, onde puideron explorar novas ideas desde perspectivas disruptivas.