O CITIC recibe a visita de alumnos de bacharelato de dous centros coruñeses
16/01/2019
O CITIC recibiu estes días a visita de dous grupos de alumnos de bacharelato. Por unha parte, onte martes visitaron o centro 16 alumnos da asignatura de TIC de 2º de bachillerato do IES Eusebio da Guarda. O responsable da unidade de sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, explicoulles o funcionamento do Centro de Proceso de Datos (CPD) do centro.
Hoxe foron os alumnos do IES María Casares de Oleiros os que coñeceron as instalacións do CITIC. O subdirector do centro, Javier Pereira, fixo unha presentación global do mismo e posteriormente realizáronse dúas exposicións de proxectos colaborativos do CITIC. Os investigadores Paula Fraga, Lucía Ramos e Óscar Blanco presentaron o proxecto Concordance, sobre a prevención de colisións para UAVs utilizando técnicas de Deep learning e sensórica optimizada; e os investigadores Alberto Alvarellos e Ignacio Fraga expuxeron o proxecto Treboada, no que se utilizan técnicas de predición de precipitacións mediante sensores de baixo custo e aprendizaxe máquina. Finalizou a explicación do proxecto cunha visita á cubierta do CITIC para mostrarlles aos alumnos o funcionamento in situ dos sensores de predición de precipitacións instalados en dita cuberta.
Alumnos do IES Eusebio da Guarda
Visita dos alumnos do IES Eusebio da Guarda ao CPD do CITIC
O subdirector do CITIC presentando o centro aos alumnos do IES María Casares de Oleiros
As investigadoras Paula Fraga e Lucía Ramos presentando o proxecto Concordance
Óscar Blanco, investigador do proxecto Concordance, facendo unha demostración de voo de drone.
Alberto Alvarellos, mostrando aos alumnos o funcionamiento dos pluviómetros do proxecto Treboada