CITIC

O CITIC e ASPACE crean un grupo de traballo para a rehabilitación de persoas con parálisis cerebral

12/11/2019

O CITIC e ASPACE Coruña crearon un grupo de traballo para definir contidos informáticos para mellorar a avaliación e programas de rehabilitación de persoas con parálise cerebral. Así, visitou o CITIC o grupo de traballo de ASPACE, formado polo fisioterapeuta Rubén Carneiro, a logopeda Mirian Piñeiro, a informática María José Pérez e a terapeuta ocupacional Aroa Fernández. Este grupo, acompañado polo subdirector do CITIC Javier Pereira, puido coñecer a través da sala de demostradores do CITIC algúns exemplos de potencialidade que actualmente ofrecen os sistemas de realidade virtual, os sistemas de realidade aumentada e os robots para intervir cos usuarios de ASPACE.

O CITIC e ASPACE definiron unha axenda de traballo para os próximos seis meses na que se contará coa participación de usuarios e o desenvolvemento de pequenos retos que permitan con fins terapéuticos mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral.