CITIC

O CITIC e a OTRI organizan a xornada informativa "A protección do software. Dereitos de autor e Patentes"

15/02/2019

O 27 de febreiro a sala Cloud do CITIC acollerá a xornada informativa “A protección do software. Dereitos de autor e patentes”, organizada pola OTRI da UDC xunto co CITIC, en colaboración coa Oficina Española de Patentes e Marcas.

Os principais obxectivos desta xornada son dar a coñecer as posibilidades de protección do software dende un punto de vista legal e estratéxico e impulsar o uso da información de patentes no mundo universitario.

A irrupción das novas tecnoloxías nos mercados tradicionais supón un cambio substancial, onde o software configúrase como o activo de numerosos negocios dixitais. Por outra banda, a protección dos coñecementos xurdidos da investigación é cada vez máis valorada (resultados transferibles ás empresas, sexenios de investigación, etc.), polo que esta xornada pode ser unha referencia á hora de definir as estratexias de actuación dos grupos de investigación da UDC.

A  xornada está dirixida a investigadores do CITIC, membros da comunidade universitaria e empresas colaboradoras. 

A inscrición é gratuita e pode formalizarse ata o 25 de febreiro ás 14:00 horas a través do seguinte formulario.

Máis información da xornada, nesta ligazón.