O director do CITIC toma posesión da súa cátedra na área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
09/09/2019
O pasado xoves tivo lugar no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña o acto de toma de posesión da súa cátedra do director do CITIC, Manuel F. González Penedo, quen comeza a partir de hoxe unha nova etapa profesional como catedrático de universidade do área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.
O director do CITIC é Doutor en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela e exerce como Titular de Universidade na Facultade de Informática da Universidade da Coruña desde 1999. Ademais, é investigador principal do Grupo de Investigación Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns (VARPA). Destinou gran esforzo á formación de persoal investigador, participando na dirección de 13 teses doutorais, a través das cales establecéronse colaboracións con grupos de investigación estranxeiros. Froito do seu labor de investigación dirixiu un gran número de proxectos competitivos. Tamén participou como revisor en numerosas publicacións internacionais e colabora nun gran número de comités científico-técnicos en actividades de investigación.
No mesmo acto tomaron posesión cinco catedráticos, dos cales catro pertencen ao CITIC, e 25 profesores titulares, dos que 11 forman parte do CITIC.
Catedráticos/as pertencentes ao CITIC:
- Basilio Bernardo Fraguela Rodríguez, departamento de Enxeñaría de Computadores
- Manuel Francisco González Penedo, departamento de Computación
- María José Martín Santamaría, departamento de Enxeñaría de Computadores
- José Antonio Vilar Fernández, departamento de Matemática
Profesores/as titulares pertencentes ao CITIC:
- Diego Andrade Canosa, departamento de Enxeñaría de Computadores
- Susana Ladra González, departamento de Computación
- Cristian Robert Munteanu, departamento de Computación
- Marcos Ortega Hortas, departamento de Computación
- Daniel Rivero Cebrián, departamento de Computación
- Gabriel Rodríguez Álvarez, departamento de Enxeñaría de Computadores
- Miguel Ángel Rodríguez Luaces, departamento de Computación
- María Noelia Sánchez Maroño, departamento de Computación
- José Manuel Vázquez Naya, departamento de Computación
- Ana María Ferreiro Ferreiro, departamento de Matemáticas
- María Amalia Jácome Pumar, departamento de Matemáticas