O Grado de Terapia Ocupacional da UDC visita o CITIC
19/12/2019
O pasado martes o CITIC recibiu a un grupo de alumnos e alumnas do Grado de Terapia Ocupacional da UDC, que coñeceron de primeira man as liñas de investigación do CITIC en colaboración con diferentes entidades que representan a persoas con discapacidade.
Despois dunha presentación do centro por parte do subdirector Javier Pereira e a investigadora Thais Pousada, os visitantes puideron realizar impresións en 3D de férulas e produtos de apoio, ademais de probar as posibilidades do uso da Realidade Virtual como medio de rehabilitación e lecer. Tamén tiveron a oportunidade de aplicar os seus coñecementos en programación básica para configurar actividades de interacción con robots.
Esta aplicación práctica permitiu non só afianzar as competencias profesionais destes estudantes de 2º de Terapia Ocupacional, senón tamén achegalos á investigación centrada nas persoas, e a como as TIC son un medio eficaz e válido para a promoción da saúde e calidade de vida.