CITIC

O IES María Casares de Monforte visita o CITIC

17/01/2020

Este xoves o CITIC recibiu a visita dun grupo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato de excelencia de Ciencia e Tecnoloxía do IES María Casares de Oleiros, que participa no programa STEMbach da Xunta de Galicia.

Para comezar, o subdirector do CITIC, Javier Pereira, realizou unha presentación do centro e as súas capacidades. Posteriormente, o responsable da unidade de sistemas, Alejandro Mosteiro, explicoulles o funcionamento do Centro de Procesamento de Datos (CPD), que se atopa no edificio de ampliación do CITIC.

A visita concluíu na sala de demostradores tecnolóxicos, onde o alumnado tivo a oportunidade de coñecer varios proxectos desenvolvidos no CITIC e probar diferentes aplicacións desenvolvidas con tecnoloxía de realidade virtual e interacción co mundo físico.