O investigador Alejandro Pazos participa como avaliador de proxectos no programa estadounidense de investigación CRCNS
21/05/2019
O investigador do CITIC Alejandro Pazos participou como avaliador de propostas de proxectos no programa estadounidense de investigación “Collaborative Research in Computational Neuroscience (CRCNS)” convocado pola National Science Foundation e coa colaboración en España da Axencia Estatal de Investigación (AEI) e o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII). Este programa está aberto a colaboracións internacionais entre investigadores americanos e de diferentes países de Europa e Asia.
Así, Alejandro Pazos foi un dos expertos nacionais encargados de avaliar as propostas e participar como panelista. Os paneis de expertos tiveron lugar durante o mes de marzo en Washington.
A revisión das propostas foi altamente interdisciplinaria, esixindo experiencia en neurociencia, bioloxía, ciencias da computación, matemáticas, estatística, psicoloxía, física, enxeñaría e outros campos.
Ademais, o investigador do CITIC tamén participará como avaliador neste mes de maio para a iniciativa “Appel à projets générique 2019” (AAPG 2019), da French National Research Agency, e para a iniciativa “Computational Life Sciences” da German Research Foundation.