CITIC

O investigador Francisco Bellas, editor dun special issue na revista Applied Sciences

19/05/2020

O investigador da área de Intelixencia Artificial do CITIC, Francisco Javier Bellas Bouza, participa como editor no special issue “Deep Image Semantic Segmentation and Recognition” da revista de código aberto Applied Sciences. Esta revista abarca todos os aspectos das ciencias naturais aplicadas e publícase online de forma semestral por MDPI.

O obxectivo deste special issue é reunir investigacións de vangarda para aportar unha visión xeral das arquitecturas de redes neuronais profundas axeitadas e as áreas de aplicacións con métricas de rendemento obxectivo.

A data límite para a presentación de traballos é o próximo 30 de novembro.

Máis información