27/09/2019
O investigador do CITIC Víctor Mondéjar presentou o seu traballo “An end- to- end deep learning approach for simultaneous background modeling and subtraction” no congreso internacional British Machine Vision Conference ( BMVC) que se se celebrou en Cardiff (Gales) do 9 ao 12 de setembro. Este congreso, organizado pola British Machine Vision Association ( BMVA), está considerado como un dos máis relevantes e de maior calidade a nivel mundial no ámbito da visión artificial, o procesamento de imaxes e o recoñecemento de patróns.
O traballo presentado foi elaborado, ademais de por Víctor Mondéjar, polos investigadores do CITIC José Rouco, Jorge Novo e Marcos Ortega.