CITIC

O subdirector do CITIC e a investigadora Adriana Dapena dirixen un TFG sobre a creación dunha APP para persoas con parálise cerebral

29/07/2020

O estudante de Enxeñería Informática da UDC, Alejandro López, creou unha aplicación para persoas con parálises cerebral, no seu Traballo de Fin de Grao dirixido polo subdirector do Citic, Javier Pereira, en colaboración con Adriana Dapena, profesora da Facultade de Informática da UDC.

O obxectivo desta APP é mellorar a atención das persoas con parálise cerebral, integrando diferentes xogos terapéuticos. Os destinatarios son persoas con parálise cerebral de calquera idade, e especialmente os pacientes de Aspace na Coruña. De feito, foi alí onde o pasado luns probouse a ferramenta por primeira vez e de maneira oficial, nunha xornada na que estiveron presentes, ademais do estudante Alejandro López, Javier Pereira e Adriana Dapena, os fisioterapeutas de Aspace Coruña Laura Quiroga e Rubén Carneiro.

Esta aplicación permitirá extraer parámetros sobre a evolución dos pacientes en canto á súa mobilidade, postura ou equilibrio. E, ademais, pode utilizarse nos catro recursos de Aspace: atención temperá, centro educativo, centro de día e servizo residencial.