O subdirector do CITIC participa nunhas xornadas de traballo co Grupo Oesía
14/10/2019
O subdirector do CITIC, Javier Pereira, presentou as capacidades do CITIC durante as xornadas de traballo internas que o Grupo Oesía celebrou nas súas instalacións da Coruña coa presenza dun significativo número de responsables territoriais. Durante a presentación falouse de temáticas de investigación no ámbito TIC e de mecanismos de colaboración entre o Grupo Oesía e a UDC, con especial atención ao desenvolvemento de produtos e servizos baseados na intelixencia artificial. A participación do Grupo Oesía no Digital Innovation Hub promovido desde a UDC foi o marco no cal poderanse enmarcar futuras actuacións conxuntos.
O Grupo Grupo Oesía deseña e desenvolve enxeñaría aplicada a Seguridade e Defensa, e tamén á sociedade civil, co obxectivo de proporcionar servizos e equipos á vangarda da modernidade e a tecnoloxía.