CITIC

Encontro investigador "Elas no prelo: mulleres no mundo da edición na Galiza"

O CITIC acollerá o mércores 29 de xuño o encontro investigador “Elas no prelo: Mulleres no mundo da edición na Galiza”, onde se fará unha primeira achega á análise da participación das mulleres no mundo editorial galego. Este encontro enmárcase nos traballos ligados a un proxecto máis amplo titulado “A edición literaria na Galiza, 1975-2000” (PID2020-119605RB-I00). Este proxecto ten a finalidade de elaborar o primeiro catálogo de mulleres con actividade no sector, no que as investigadoras do CITIC Nieves R. Brisaboa e Ángeles Saavedra Places serán as encargadas de desenvolver o sistema de información do proxecto, integrando unha base de datos e un buscador ao catálogo informatizado desenvolvido.

Con este encontro búscase proxectar ao público este labor de visibilización do traballo das mulleres editoras e o seu papel no marco do espazo da industria cultural, en xeral, e do mundo editorial galego, en particular.

PROGRAMA

10:30 h – 11:30 h.- Presentación do proxecto de investigación:” A edición literaria na Galiza (1975-2000). Carme Fernández Pérez-Sanjulián (UDC).

11:30 h – 13:30 h.- Editar libros: tres experiencias en primeira persoa.

  • Pilar Sampil – Editorial Galaxia.
  • Charo Portela – Ediciós do Castro.
  • Belén López – Editorial Baía.

13:30 h – 15:00 h.- Xantar.

15:00 h – 17:00 h.- Sesión de traballo co equipo de investigación.

Descargar programa