CITIC
CITIC_CONCURSO DE IDEAS_WEB_550x400

Entrega de premios do concurso de ideas do novo edificio do CITIC na Cidade das TIC

O 15 de decembro a partir das 12:00 h celebrarase no CITIC o acto de entrega de premios do concurso de ideas de arquitectura convocado pola UDC para o novo edificio do CITIC na Cidade das TIC, que se situará nos terreos da antiga Fábrica de Armas da Coruña como centro I+D+i e nodo de intelixencia artificial.

Recibíronse preto dunha vintena de propostas de gran calidade, entre as que o xurado elixiu os tres primeiros premios e un accésit. Entregaranse un total de 37.000 € en premios: 20.000 € para o primeiro premio (GAIA0101), 10.000 € para o segundo (TICA0021) e 7.000 € para o terceiro (FITO2022). Ademais, o xurado concedeu un accésit a CTIC2030.

Programa

12:00 h – 12:30 h.- Apertura do acto:

  • Reitor da UDC, Julio Abalde Alonso
  • Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde López
  • Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Juan Manuel Díaz Villoslada
  • Vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade da UDC, Amparo Casares Gallego
  • Director do CITIC, Manuel F. González Penedo

12:30 – 13:00 h.- Presentación dos proxectos premiados:

  • Accésit: CTIC2030
  • Terceiro premio: FITO2022
  • Segundo premio: TICA0021
  • Primeiro premio: GAIA0101

13:00 – 13:10 h.- Peche:

  • Reitor da UDC, Julio Abalde Alonso

13:10 h – 13:30 h.- Exposición de maquetas no hall

Máis información